A Xunta de Galicia facilita que case 300 alumnos de 23 institutos de toda Galicia acrediten o seu nivel de portugués de balde
• Esta acción é froito dun acordo pioneiro entre a Xunta e o Instituto Camões que non ten ningunha outra comunidade autónoma
Infogauda / Santiago de Compostela
Un total de 279 alumnos de 23 institutos de toda Galicia poderán acreditar de balde o seu nivel de portugués co apoio da Xunta. Son os seleccionados na nova convocatoria pola que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP facilita que os alumnos de centros que imparten lingua portuguesa poidan participar nas probas Camões Junior para certificar o seu nivel de competencias nesta lingua.
Galicia é a primeira comunidade autónoma en subscribir un acordo deste tipo co Instituto Camões que, ademais, deriva da aplicación da Lei Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa o vínculos coa lusofonía. Ademais, están en marcha programas como Escolas de fronteira ou Ponte nas Ondas para fomentar a relación dos escolares de ambos os países.
En total realizarán estas probas, totalmente gratuítas para as familias, 181 alumnos de 4º de ESO e 98 de 2º de Bacharelato. Todos eles cursan Portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira no seu centro. Os centros participantes son os reflectidos na seguinte táboa:
A Coruña
Santiago de Compostela: IES Arcebispo Xelmírez I; IES Arcebispo Xelmírez II; IES Antonio Fraguas Fraguas.
A Coruña: IES Monte das Moas.
Mugardos: IES de Mugardos.
Negreira: IES Xulián Magariños.
Rianxo: IES Félix Muriel.
Teo: IES de Cacheiras
Ordes: IES Ordes.
Ames: IES do Milladoiro.
Culleredo: IES Rego de Trabe.
Lugo
Lugo: IES Ánxel Fole Lugo.
Guitiriz: IES Poeta Díaz Castro.
Ourense
Verín: IES García-Barbón.
Ourense: IES O Couto.
Pontevedra
Tui: IES San Paio Pontevedra; IES Indalecio Pérez Tizón.
Caldas de Reis: IES Plurilingüe Aquis Celenis.
O Porriño: IES Ribeira do Louro.
Tomiño: IES Antón Alonso Ríos
A Estrada: IES Avelina Valladares
Vigo: IES Valadares.
Ponteareas: IES do Barral.
Probas en liña
As probas, que se realizan a través dunha plataforma electrónica, consisten nun único exame para avaliar o grao de desempeño global nas competencias de comprensión e de expresión oral (un 50% da puntuación total) e de comprensión e expresión escrita (outro 50%) co fin de acreditar o nivel lingüístico A1, A2 ou B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Para acadar a certificación, os estudantes terán que superar as probas do Exame de Portugués Lingua Estranxeira Camões Júnior, pero non terán que desprazarse para facelo, senón que as farán desde o seu centro educativo a través dunha plataforma electrónica.
O Instituto Camões será o encargado da organización e xestión das probas, que se que de forma xeral se levarán a cabo nas instalacións de cada centro educativo nas datas acordadas entre ambas partes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario