Visita institucional as asociacións Érguete Baixo Miño e San Vicente de Paúl
Infogauda / A Guarda
O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e a concelleira de Política Social, María Isabel Guisande Vila, visitaron dúas asociacións do diverso tecido asociativo da localidade guardesa.
En primeiro lugar visitaron a Asociación Érguete Baixo Miño, que cumpre 35 anos de labor, realizando diferentes programas de promoción e educación para a saúde, coa finalidade de mellorar a calidade de vida, facilitando a integración social e laboral das persoas por razóns de exclusión social.
Despois, visitaron a ONG San Vicente de Paúl, que leva a cabo obras sociais na nosa vila, sobre todo, en recollida e reparto de alimentos ás familias máis necesitadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario