A CIG-Industria convoca unha concentración en defensa do emprego e dunhas condicións de traballo dignas na automoción galega
• Este mércores 18 de decembro de 2024, ás 12:00 horas, na delegación da Xunta en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8).
Infogauda / Vigo
A CIG-Industria continúa coa súa campaña en defensa do emprego e dunhas condicións de traballo dignas na automoción galega. Nesta ocasión desenvolverá unha concentración diante do edificio da Xunta en Vigo para denunciar o abuso dos ERTE e da contratación fraudulenta por parte das empresas.
Previamente, ás 10:00 horas, celebrará unha asemblea de delegados/as do sector no local do sindicato na cidade para abordar estas e outras cuestións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario