26 de dec. de 2024

TUI

A Banda de Música Popular de Tui contará  a historia de Santa Claus,  no seu concerto de Nadal 

  Será este venres, 27 de decembro, ás 21.30  h no Teatro Municipal de Tui 




Infogauda / Tui

 Un conto de Nadal no que contarán a historia de Santa Claus. Así será o Concerto de Nadal que este venres, 27 de decembro, ás 21.30 h, no Teatro Municipal de Tui, ofrecerá a Banda de Música Popular de Tui, baixo a dirección de Eloy Carrera. No evento participará tamén o grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis, que xunto a un narrador, unha cantante e os integrantes da banda tudense brindarán un espectáculo cheo de maxia.  

 O Silent Night, de Swearingen; a Sinfonía dos Xoguetes, de Mozart; ou a Marcha Radtzky, de Johan Strauss (sénior), forman parte do repertorio deste evento pensando para toda a familia no que se combinará a música, a narración e o teatro para contar a orixe real da figura de Santa Claus nunha viaxe a través dos séculos.  

 As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 5€ e 3€. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario