26 de dec. de 2024

TOMIÑO

Once árbores de Nadal compiten na decoración  da céntrica praza do Seixo, en Tomiño    

  O xurado tivo en conta para conceder os premios criterios como o deseño, a creatividade, o grado de dificultade, a ambientación, a orixinalidade, a iluminación e a montaxe


1º premio (600 euros): Árbore do colexio CEIP Pedro Cáselles Beltrán
  2º premio (300 euros): Árbore de María Eva Calvo Núñez
 3º premio (150 euros): Árbore de VONTADE /Asociación de persoas con discapacidade
Fotos: C.T.

Infogauda /  Tomiño

 Once composicións navideñas participaron no I Concurso de Árbores de Nadal organizado polo Concello de Tomiño. O xurado, composto pola escultora Liliya Pobornikova; o pintor Suso Cubeiro e a concelleira de Parroquias e Educación, Cristina Martínez, tivo en conta criterios estéticos como o deseño e a creatividade, pero tamén outros como o grado de dificultade, a ambientación navideña, a orixinalidade, a iluminación e a montaxe. Tamén foron valorados aspectos tales como o uso de materiais ecolóxicos, resistentes á intemperie e ter unha altura mínima de 0,90 e máxima de 1,50 metros. 

 “A decisión foi moi difícil xa que todas as obras eran moi boas, polo que como xurado tivemos moitos aspectos e detalles que considerar e valorar”, explica Cristina Martínez. Ao mesmo tempo, como representante do Concello de Tomiño, manifesta o seu “agradecemento pola alta participación da veciñanza e o magnífico traballo realizado.  

 Unha vez comprobado que as obras presentadas cumprían todos os requisitos para participar no certame, procedeuse á avaliación das propostas, quedando como composicións gañadoras as seguintes: 

1º premio (600 euros): Árbore do colexio CEIP Pedro Cáselles Beltrán. 

2º premio (300 euros): Árbore de María Eva Calvo Núñez. 

3º premio (150 euros): Árbore de VONTADE /Asociación de persoas con discapacidade.  

 Todas as árbores de Nadal poden verse durante as festas, na praza do Seixo e xardíns do Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario