26 de dec. de 2024

TUI

As tres corais tudenses brindarán un concerto cheo de maxia 

  Este sábado, 28 de decembro, ás 20:00 horas, no Teatro Municipal de Tui 




Infogauda / Tui

 As corais Ponte das Febres, Centro Sociocomunitario e San Telmo, respectivamente, actuarán este sábado 28 de decembro, ás 20 h, no Teatro Municipal de Tui.

 As tres corais tudenses volven sumarse á maxia do Nadal de Tui co seu tradicional concerto de Nadal. Cada unha das corais interpretará cinco cancións, entre as que se atopan panxoliñas tradicionais, en galego, castelán e inglés, e outras pezas como “Meus amores”, “Galicia canta” ou “Para quererte tanto”.   

 O concerto rematará cunha actuación conxunta entre as tres corais, interpretando “Los amigos así”.   

 As entradas están á venda a 3€ e 1€, en tui.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario