A Xunta de Galicia destina preto de 40.000 euros a mellorar a zona de lecer da súa escola infantil de Baiona
• As actuacións permitiron construír un novo parque de xogos infantil con materiais seguros e adaptados aos cativos
Infogauda / Baiona
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde de Baiona, Jesús Vázquez, visitou a escola infantil pública de Baiona na que a Xunta realizou obras de mellora na zona de lecer infantil por un importe de 39.972 euros.
As obras foron executadas ao longo do último semestre do 2024 e permitiron crear unha nova zona de xogos infantil no exterior do inmoble. Esta zona conta con equipamento adaptado aos cativos e sobre un pavimento de caucho de cores específico para evitar os danos que poidan sufrir os nenos nunha caída.
Durante a visita, Perfecto Rodríguez sinalou que a Xunta de Galicia seguirá traballando cada día para ofrecer un servizo de calidade ás familias e traballadores e garantir a mellor atención posible aos nenos e nenas que acoden diariamente a este servizo de atención, específico para menores de 0 a 3 anos de idade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario