ANABAM: REALIZADA A ÚLTIMA ACTIVIDADE DO ANO 2024
Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / A Guarda
No día de onte, domingo 29 de decembro, levamos a cabo a última das actividades desenvolvidas en ANABAM abertas ao público que se inscribiu na mesma. A visita ornitolóxica, dúas horas e media en plena natureza, a carón da desembocadura do Miño, foi todo un éxito, sobre todo pola implicación e interese dos asistentes, dende os cativos ata os maiores. Un 10 de nota para todos eles.
Os presentes nesta actividade (Cataluña, A Guarda, Nigrán, Ponteareas, Salvaterra, Tomiño, Tui, Vilanova de Arousa e Vigo) puideron observar unha variedade de aves acuáticas: pato asubión, lavanco real, cerceta real, mazaricos, gabitas, garzas, garzotas, garzas boieiras, cullereiros, aguia peixeira...
Só nos queda agradecer a participación de tódalas persoas coas que pasamos unha mañá espléndida e coas que, dende logo, sentímonos enormemente agradecidos. Grazas, grazas, grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario