A gastroneta de Galicia Sabe Amar chegará a nosa vila
• Este sábado 21 de decembro, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas, na praza de Avelino Vicente
Infogauda / A Guarda
A gastroneta - neoloxismo (ainda sen recoller pola Real Academia Galega), que consideramos máis axeitado, en comparación co anglicismo - que nos negamos a aceptar nin transcribir - que adoitan empregar varias institucións do noso país (Xunta de Galicia, concellos, deputacións,...) e co que queremos referirnos as furgonetas de comidas - de Galicia Sabe Amar estará este sábado 21 de decembro na praza de Avelino Vicente González.
O persoal da gastroneta ofrecerá á cidadanía petiscos de xeito gratuíto, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas, cambiando de petisco ao longo da mañá e da tarde.
Alí os visitantes poderán degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.
Esta é unha campaña da Xunta de Galicia para animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario