‘Golpes’ peza teatral contra a violencia machista
• Este venres 13 de decembro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
A programación especial do 25N na Guarda, chegará a seu fin, este venres, 13 de decembro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural, coa posta en escea da peza teatral “Golpes”, da compañía aAntena.
A actriz galega Estíbaliz Veiga porá en escena un relato cru e directo polo cotiá, das accións de como unha moza vai cedendo nunha relación desigual ata irse atopando fóra da súa personalidade.
Trátase dunha peza dirixida por Xosé Leis que afonda dun xeito directo e fuxindo do tráxico en como nas accións máis cotiás nace o “golpe” da desigualdade e chega á violencia machista.
Desde a compañía aAntena preténdese con esta peza sementar esa visión dun “mundo mellor posible”, á vez que busca co seu traballo amosar o seu compromiso de inferir na sociedade cun espectáculo directo onde se amose dun xeito entretido a desigualdade latente, e a dor que causa unha lacra social como é a violencia machista
Conta co financiamento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e da Consellería de Política Social e Igualdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario