O Galp Ría de Vigo - A Guarda realiza unha xornada para divulgar proxectos galegos de interese para esta área do litoral da comunidade
Infogauda / Soutomaior
O Galp Ría de Vigo - A Guarda desenvolveu este venres unha xornada na sede da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra para dar a coñecer proxectos realizados polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro por todo o territorio galego e que poden ser de interese para réplicas no territorio que abarca esta entidade. No evento, co título Boas ideas dos GALP galegos para o noso territorio, participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, que destacou o impacto positivo das iniciativas financiadas pola Consellería do Mar que permiten diversificar as actividades e dinamizar as economías costeiras de Galicia.
Entre os proxectos expostos estaba a Creación y posta en marcha del laboratorio de IDi de salazón, ahumados e escabechados, polo GALP Ría de Pontevedra, o denominado Miranda: Mirada ao mar, do Galp Mariña Ortegal; Innovando no sector do mar, do Galp Ría de Arousa; Sisargas: Mulleres dinamizando a economía pesqueira da Costa da Morte, do Galp Costa da Morte; Liña de fabricación para a sardiña baixo nova marca comercial, do Galp Costa Sostible; e Os mares de baixura II, realizado polo propio Galp Ría de Vigo-A Guarda. O acto foi pechado por unha mesa redonda e unha degustación de produtos do mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario