FÚTBOL
1ª Autonómica Grupo 6
O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ A U.D. MOS
Este domingo, 24 de novembro, ás 16:30 horas, no Campo de A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Continuando unha boa traxectoria productiva (2-2, na xornada 10, na Sangriña, fronte ao R. Castrelos; e 3-4, no Aral - Os Tendais, fronte ao Erizana, C.F.), o Sporting Guardés prepárase para recibir o equipo da U.D. Mos. Será este domingo, 24 de novembro, ás 16:30 horas, no Campo de A Sangriña.
O conxunto visitante, situado na 11ª posición clasificación, conta con 13 puntos, como consecuencia de lograr a vitoria en 3 ocasións; haber empatado en 4, e coñecido a derrota noutras 4.
Pola súa banda, o Sporting Guardés, situado no 4º posto da clasificación, contabiliza 21 puntos, habendo vencido en 6 encontros; empatado en 3, e perdido 2 partidos.
No que respecta a goles, o U. D. Mos logrou 12 e encaixou 13, e o Sporting Guardés contabiliza 22 goles a favor e 18 en contra.
A vista deses datos, hai algunhas diferencias entre un e outro equipo, o cal non impide que o conxunto visitante non teña toda a súa mellor disposición para tentar sorprender aos homes de Toñete Rodríguez. Que o logren ou non, vai depender, en primeira instancia, do plantexamento do Sporting Guardés sobre o terreo de xogo, conscientes de que o equipo visitante precisa osíxeno para subsistir nunha posición tranquila. Polo tanto, cómpre enfrontar o encontro co mellor ánimo, e toda a vitalidade para que o equipo local continúe colleitando puntos.
En todo isto, os seareiros dun e doutro equipo teñen, como non, un labor de apoio aos xogadores, animando desde as bancadas e premiando as xogadas que así o merezan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario