VÍA GALEGA CHAMA A PARTICIPAR NO ACTO DE IZAMENTO DA BANDEIRA GALEGA
O 23 de novembro, ás 12 da mañá, na Peralta, en Camposancos
Vía Galega / Camposancos
VÍA GALEGA vén promovendo diferentes campañas e iniciativas para propagar e popularizar os nosos símbolos nacionais, nomeadamente o himno e a bandeira. Vai para tres anos que fixamos como semana de exhibición da bandeira a semana coincidente co aniversario da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala.
Este ano, coincidindo cos 106 anos daquela efeméride, Vía Galega, fai un chamamento para que durante esta semana se coloquen bandeiras galegas nas nosas vivendas e a participar o día 23 de novembro ás 12 da mañá no izamento da bandeira galega no lugar da Peralta, en Camposancos (A Guarda), no que se lerá o manifesto e recitarán poemas de Marica Campo, Manuel María, e Pousa Antelo. Este acto decorrerá simultaneamente con outros moitos en diferentes localidades de toda Galiza.
Cada vez é máis necesario impulsar campañas deste tipo para evitar o ocultamento dos nosos símbolos e para divulgar o seu uso por ser os que nos representan, identifican e recoñecen como pobo e fortalecen a nosa conciencia e cohesión nacional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario