2 de nov. de 2024

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

FALADOIRO: ENDOMETRIOSE. A EPIDEMIA OCULTA

O venres, 8 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos

 



Infogauda / Camposancos

 O venres 8 de novembro ás 19:30 horas, na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos, Ana Sanmartín, de QuerENDO. Mulleres con endometriose, asociación sen ánimo de lucro de afectadas por dita enfermidade, falará sobre esta doenza silenciada que afecta arredor de 60.000 mulleres na Galiza. 

 “Unhas 60.000 galegas padecemos endometriose, unha doenza que controla ás nosas vidas ata o punto de impedirnos ir á escola, ao traballo, facer plans coas amizades, colaborar nas tarefas domésticas, sempre coa mesma frase nos beizos: “Non podo, baixoume a regra” ou “Non contedes comigo, ese día baixaráme a regra”. E así, controla o noso calendario sen resistencia, ante unhas mulleres cansas de estar cansas, de seren incomprendidas na contorna laboral ou académica, e mesmo no propio fogar.” 

 QuerENDO é unha asociación de ámbito galego, xurdida en 2015, que persegue contribuír á axuda física, psicolóxica, e educativa de todas as mulleres afectadas de endometriose e da súas familias, independentemente do grao ou estadio da súa doenza. Desenvolver todas as actividades socio-sanitarias que sexan necesarias para dar a coñecer a doenza, contribuíndo así a un diagnóstico precoz e evitando na medida do posible o deterioro da súa calidade de vida. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario