27 de nov. de 2024

A GUARDA

Melloras no pavimento en diversos puntos de A Guarda 

  Para aumentar a seguridade vial 

 

O alcalde, o primeiro tenente de alcalde e o concelleiro de obras, na zona de Sobreira, supervisando os traballos realizados na estrada PO-353
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de facer público a renovación do pavimento en diversos puntos do municipio para aumentar a seguridade vial nos mesmos.  

 Trátase da rú0s Irmáns Noia Xil, no tramo comprendido entre as praias de Fedorento e da Area Grande; e no tramo da estrada PO-353 entre o cruce de Pintán e o límite co concello do Rosal.  

 Deste xeito, estes tramos danados polos temporais e/ou polo alto número de vehículos que circulan por eles, ofrecen agora unha maior seguridade, sobre todo, de cara o inverno, onde un bo asfalto é clave para circular con seguridade ante as chuvias.  

 Estas intervencións realizáronse coa subvención do Plan Concellos 2022/2023 que ascendeu a 30.150,93€ e unha aportación por parte do Concello de 3.615,51€.

Ningún comentario:

Publicar un comentario