5 de out. de 2024

TUI

Tui protagonista de “Caminos de Sefarad, diario dunha ciclista II” que este domingo se estrea en La2 de TVE 

 O río Miño e a catedral son dous dos lugares onde tivo lugar a gravación hai un ano. A serie documental componse de 13 capítulos

  

En Tui estiveron gravando en outubro de 2023
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 Tui é protagonista da serie documental “Caminos de Sefarad, diario dunha ciclista II” que se estrea este domingo, 6 de outubro, ás 12 h en La2 de TVE.   

 A xornalista especializada en ciclismo Ainara Hernando é a encarga de conducir este programa no que viaxa por toda a península amosando a riqueza que os municipios teñen nos seus conxuntos medievais, cun patrimonio histórico, artístico, medioambiental e cultural, herdanza das comunidades sefardís que os habitaron. A golpe de pedal, Ainara Hernando, mergúllase na antiga Sefarad gozando da súa herdanza cos cincos sentidos nos municipios con legado sefardí repleto de historia, tanto a nivel monumental, coma gastronómico, cultura, artísticos e das súas xentes.  

 “Caminos de Sefarad, diario dunha ciclista II”, producida por Surf Channel e dirixida por Salva Ruíz, consta de trece capítulos cheos de historia que serven coma guía turísticas de rutas a descubrir, e dunha proposta didáctica para descubrir o legado e a cultura sefardí.   

 En Tui estiveron gravando en outubro de 2023. Aquí Ainara Hernando, xunto a Manuel Guerreiro da empresa Tamuxe Kayak, percorreu o río Miño en piragua, gozando dunha fermosa panorámica do conxunto histórico, na catedral, da man do historiador Suso Vila, coñeceu a menorá gravada no claustro, pero tamén os sambenitos, e  outros elementos ligados á presenza xudía e criptoxudía na cidade.   O episodio de Tui emitirase o domingo 13 de outubro.  

 Amais de en La2 de TVE “Caminos de Sefarad, diario dunha ciclista II” puidose ver en Bike Channel, onde se emitiu de forma semana dende marzo de este anos, en RENFE onde está dispoñible até decembro de 2026, en ALSA onde se poderá ver no derradeiro trimestre deste ano, en proximamente tamén en Escapa TV.   

 A concelleira de Turismo e Patrimonio de Tui, Ana Núñez, manifesta que é un orgullo para nós que Tui sexa un dos lugares destacados nesta serie documental. A través deste programa, amosamos o noso rico patrimonio histórico e cultural, especialmente o noso legado sefardí, que forma parte esencial da nosa identidade”. Engade coma a visita de Ainara Hernando e o seu equipo realizada hai un ano e que agora chega á TVE “axuda a poñer en valor o noso conxunto histórico e o legado sefardí que atesouramos”. Confía a edil en que esta serie inspirará a moitos a visitar Tui e a descubrir os nosos tesouros ocultos, desde o Miño até a catedral.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario