9 de out. de 2024

TUI

O contacontos inclusivo en lingua de signos e en galego “A maleta” abre a programación de “Outubro, mes da biblioteca” 

 Será este venres, ás 17.30 h da man de ContAZ

 


Infogauda / Tui

 A Biblioteca Pública Municipal de Tui abre o seu programa de actividades de “Outubro, mes da biblioteca” cun contacontos inclusivo en lingua de signos e lingua galega a cargo de ContAZ co seu espectáculo “A maleta”. Está baseado nun álbum ilustrado do autor Chris Naylor-Ballesteros. Unha historia tenra sobre a amizade, a inclusión e a aceptación do diferente.  Esta actividade terá lugar este venres, 11 de outubro, ás 17.30 h. Est’á dirixida a nenos e nenas dende os 5 anos de idade.  

 Para a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, a lingua de signos comeza a empregarse cada vez máis fora da comunidade xorda, con persoas e nenos con capacidades diferentes, que serve para aprender a comunicarnos mellor. Esta actividade pretende favorecer o acceso ás actividades de animación á lectura dos nenos e nenas con dificultades de audición e linguaxe así como promover o coñecemento e valorización da lingua de signos na propia sociedade. A Biblioteca é un ámbito excelente para este proceso de integración e aprendizaxe.  

 A programación do Mes da Biblioteca continuará ao longo do mes de outubro coas seguintes actividades:  

Mércores 16 – Día das escritoras 

Dedicado a Emilia Rosende. Mesa redonda coa participación da propia autora. Biblioteca Municipal – 19.30 horas 

Xoves 17 

Espectáculo “Filipa cos contos” con Bandullo Azul Biblioteca Municipal – 17.30 horas 

Mércores 23 

Encontro dos Clubs de Lectura con Rexina Veiga sobre o seu libro “O teu perfil na miña sombra” – 19.00 h. 

Xoves 24 – Día da Biblioteca 

Contacontos “Burromaquia” con Fantoches Baj Biblioteca Municipal: 17.30 horas 

Ata 25 de outubro 

“A exposición secuestrada. Estampa Popular Gallega. Tui – 1968”, na Sala Municipal de Exposicións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario