LEITE E CACAO SOLIDARIOS
Asociación SOS Tomiño Baixo Miño
A Asociación SOS Tomiño Baixo Miño puxo en marcha unha campaña de recollida de leite e cacao destinada ás máis de 125 familias necesitadas da comarca.
Estase levando a cabo en colaboración cos centros docentes dos catro concellos onde esta asociación exerce o seu voluntariado: Tomiño, Tui, O Rosal e Oia.
Dita campaña quere conseguir que cada alumno/a faga unha doazón de leite e/ou cacao.
Este traballo pódese levar a cabo grazas a colaboración dos equipos docentes de cada centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario