8 de out. de 2024

O ROSAL

A Aula Municipal de Teatro do Rosal sube ao escenario á cativada  

 O Concello abre a escola a rapaces e rapazas de 6 a 11 anos. As clases impartiranse os mércores de novembro a xuño nas Escoliñas, de Simón do Mazo   




Infogauda / O Rosal 

 O Rosal aposta polas artes escénicas e por nutrir de talento infantil a súa Aula Municipal de Teatro. A escola abre un curso máis as súas portas dirixida por Artística Teatro&Danza co obxectivo de ofrecer a nenos e nenas de 6 a 11 anos unha oportunidade única de mergullarse no munda da escena e da interpretación.  

 As clases arrancarán en novembro e brindarán un espazo para que a cativada poida explorar as técnicas básicas de creación escénica, como a improvisación, a expresión dramática e a creación de personaxes. Unha aventura teatral que se desenvolverá ata o mes de xuño todos os mércores de 18.00 a 19.00 horas nas Escoliñas, de Simón do Mazo.  

 A Aula Municipal de Teatro, que terá un custo de 15 euros ao mes por persoa, suporá unha opción perfecta para os rapaces e rapazas con curiosidade polas artes escénicas. As persoas interesadas nesta actividade poden solicitar máis información ou inscribirse chamando ao 986 62 50 00. 

 A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, anima a todas as familias a que nenos e nenas participen nesta actividade, destacando que “a Aula Municipal de Teatro busca achegar as artes escénicas ás rosaleiras e rosaleiros máis novos, creando un espazo idóneo para que as súas inquietudes artísticas florezan”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario