FÚTBOL
Primeira Galicia - Grupo 6
O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO C. D. CALDELAS
• O domingo día 27 de outubro, ás 16:30 horas, no Estadio Municipal A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O Sporting Guardés ten prestos seus efectivos humanos para recibir ao C. D. Caldelas, este domingo, 27 de outubro, ás 16:30 horas, no estadio municipal A Sangriña.
Nas dúas xornadas precedentes, o equipo que dirixe Antonio Rodríguez (Toñete), colleitou unha vitoria (3-1) fronte ao CCD Chaín, e unha derrota (3-0) no feudo do Vila do Corpus.
A día de hoxe, o conxunto de A Guarda atópase provisionalmente no posto 7º da táboa clasificatoria, con 11 puntos no seu haber. Pola súa banda, o C.D. Caldelas, está no posto 2º, con 14 puntos.
Visto así, semella non haber grandes diferencias entre ambos os dous. Mais onde, segundo nosa opinión, o equipo visitante marca un perfil ben distinto e no número de goles (15 a favor e 6 en contra), namentres que o equipo de A Guarda logrou 12 goles e encaixou outros tantos. Nada que non teña remedio, especialmente cando vaise disputar a xornada 8ª.
Dito isto, o Sporting Guardés, por palmarés e por traxectoria, debe procurar crear ocasións de gol na porta contraria, e a poder ser, amosarlle ao rival a mellor versión do equipo. Para iso, a mentalidade dos xogadores debe ser traballar na procura da vitoria.
E no que respecta aos seareiros guardesistas, asistir ao encontro co mellor entusiasmo para animar ao equipo e motivar a que este responda con efectividade no terreo de xogo.
Coidamos que vai ser un encontro, deportivamente falando moi animado, pois o Sporting Guardés ten capacidade para sobrepoñerse e aspirar a unha mellor posición na clasificación. Obviamente o C.D. Caldelas desprazarase ata A Guarda coa lexítima aspiración de tentar relevar ao Tyde, F.C., actual líder da competición, e do que está a tan soio dous puntos, ou de non ser posible, polo de agora, consolidar ese 2º posto na táboa, que non está nada mal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario