14 de out. de 2024

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CHARLA SOBRE O DIAGNÓSTICO E PREVENCIÓN DO CANCRO DE MAMA

 O sábado 19 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos




Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 A xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, organiza unha charla sobre o tema "Diagnóstico e prevención do cancro de mama".

 Contarase coa intervención do Dr. Gonzalo de Castro Parga, cirurxián da Unidade de mama, do CHUVI, e coordinador da Unidade de mama de Vithas Fátima.

 Entrada libre ata completar a cabida.

Dr. Gonzalo de Castro Parga

Formación

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. 

Especialista en Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo. 

Experto en Cirurxía Oncoplástica e Reconstrución da Mama pola Universidade da Coruña 2006. 

Diplomado Universitario en Patoloxía Mamaria pola Universidade de Barcelona 2007-08. 

Master Universitario en Senoloxía e Patoloxía Mamaria pola Universidade de Barcelona 2008-09. 

Especialista en Ecografía Mamaria pola Universidade de Vigo 2010. 

Doutor en Medicina e Cirurxía en 2010 (U. Santiago de Compostela), coa tese doutoral “Carcinoma de Mama de tipo Basal. Perfil xenético, clínico, histolóxico e inmunohistoquímico”

Máster Universitario en Dirección Médica e Xestión Clínica. UNED, Escola Nacional de Sanidade 2010-12. 

European Board of Surgery Qualification (EBSQ) in Breast Surgery. UEMS Section of Surgery. 2012.

Experiencia

Médico residente e posteriormente especialista de área de Cirurxía Xeral no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo desde 1993. 

Titor de Formación de Residentes do Servizo de Cirurxía Xeral entre 2004 e 2010. 

Titor de formación de residentes cirúrxicos na Unidade de Patoloxía Mamaria do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo desde 2010. 

Coordinador do Curso de Patoloxía Mamaria para residentes e especialistas cirúrxicos que organiza a AEC anualmente na sede de Vigo desde 2010. Profesor e titor de prácticas do Máster de Patoloxía Mamaria-Senoloxía da Universidade de Barcelona desde 2011. 

Especialista no Hospital Vithas Vigo desde 2019.

Publicacións, relatorios e congresos 

Participou como relator en diversos cursos en relación coa especialidade de cirurxía mamaria, sendo autor ou coautor de máis dunha vintena de relatorios en congresos, cursos e xornadas de ámbito autonómico e nacional. 

É autor dunha máis dunha ducia de publicacións científicas, dúas delas como único asinante, así como de diversos capítulos de libros da especialidade. 

Co-editor da 2ª edición da guía de Cirurxía de Mama da Asociación Española de Cirurxiáns. Participou en dúas importantes investigacións promovidas pola Sociedad Española de Senología y Patología Mamaria:  

Estudo IMAGINE Isotopic vs MAGnetic Intraoperative Node Evaluation. 

Estudo comparativo aleatorizado da utilidade da órtesis de compresión vs o apósito compresivo no postoperatorio inmediato da cirurxía conservadora do cancro de mama.  

Pertence a:

Sociedade de Cirurxía de Galicia. 

Asociación Española de Cirujanos. 

Sociedad Española de Senología y Patología Mamaria. 

Asociación Española de Cirurjanos de Mama. 

Vogal da Sociedade de Cirurxía de Galicia, de 2008 a 2011; actualmente tesoureiro desde 2019. 

Vogal da Sección de Patoloxía Mamaria da Asociación Española de Cirujanos, de 2010 a 2014. 

Asesor da Sección de Patoloxía Mamaria da Asociación Española de Cirujanos, desde 2014 e secretario desde 2017. 

Presidente do Comité Organizador da XVII Reunión da Sección de Patoloxía Mamaria da Asociación Española de Cirujanos, celebrado en Vigo en 2011. 

Membro tribunal examinador “European Board of Surgery Qualification in Breast Surgery”, Amsterdam 2016.

Fonte consultada: https://vithas.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario