A Guarda vai celebrar o Samaín 2024 cun roteiro do terror
• O día 31 de outubro, desde as 17:30 ata as 21:30 horas
Infogauda / A Guarda
Para este Samaín 2024, o Concello de A Guarda organiza un roteiro do terror desde a praza de Avelino Vicente ata a praza do Reló, onde os participantes serán recibidos pola música dun picadiscos.
A temática inspírase na cultura celta e galaica, con espíritos que axudarán a atopar o colar da gran princesa Eileen. Para que todas as persoas que o desexen poidan participar realizaranse saídas cada 5 minutos desde as 17:30 ata as 21:30 horas. Recoméndase levar as baterías dos teléfonos cargadas.
Para realizar o percorrido é preciso anotarse previamente premendo nesta ligazón.
Pódese participar en grupos de ata 10 persoas. Todos os menores deben ir acompañados mínimo por un adulto/a responsable. Cada cinco menores debe haber no grupo un adulto/a responsable diferente. Este deberá entregar a autorización a menores no posto de inscricións ao comezo do roteiro.
Sabendo que é habitual a presencia da chuvia nesta estación, en caso de que a meteoroloxía non permitira a realización da actividade polas rúas, realizaríase integramente no Centro Cultural.
Debido á duración, pendentes, quilometraxe do percorrido e temática (cómpre lembrar que os personaxes de terror irán dando sustos), polo que desde o Concello de A Guarda adverten que para os máis pequenos da casa ou persoas moi impresionables pode ser un espectáculo sensible e a actividade podería non ser apropiada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario