O Concello de A Guarda será punto de recollida de axuda solidaria para Valencia
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, o goberno municipal do Concello de A Guarda, fixo público o seguinte comunicado:
O Concello da Guarda súmase á recollida de axuda para todas as persoas e concellos afectados pola devastación da dana.
Que se precisa?
• Alimentos non perecederos
• Mantas e toallas
• Produtos de limpeza persoal
Cando e onde se recollen?
• Luns 4 e martes 5 de novembro
• De 9:00 a 14:00 horas
• Na Casa dos Alonso
Ningún comentario:
Publicar un comentario