A segunda cita de ‘Este outono ven ao teatro’ trae unha comedia á Guarda
Este venres 8 de novembro, ás 21:00 horas, no Centro Cultural de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Dentro da programación “Este outono ven ao teatro”, promovida polo Concello de A Guarda, este venres 8 de novembro, ás 21:00 horas, no Centro Cultural da vila, a compañía Amorodio Teatro porá en escea “Cortello de amor”.
Defínese como unha comedia, moi galega, con retranca e sotaque que trata unha problemática actual como son os disparatados prezos dos alugueiros. Pero a crítica tamén deixa espazo ao humor.
A obra ten como protagonistas a Jack e Rose, que van a un concerto do seu artista favorito - Grande Amore -, nunha praza céntrica a carón do seu piso. Logo dunha festa memorable que paraliza a cidade pola afluencia masiva de público, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack, fans incondicionais, non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite, e durmir eles dous no faiado.
Cortello de amor” é unha comedia física e de enredo, dirixida por Marián Bañobre, escrita por Laura Porto e coa banda sonora orixinal de Grande Amore.
Ningún comentario:
Publicar un comentario