5 de nov. de 2024

A GUARDA

A programación polo 25N da Guarda trae unha charla con Amelia Tiganus 

O martes 12 de novembro, ás 20:00 horas na Casa dos Alonso




Infogauda / A Guarda

 O martes 12 de novembro, ás 20:00 horas na Casa dos Alonso, comezará a programación polo 25 N na Guarda, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. E farao cunha interesante charla con Amelia Tiganus que abordará a seguinte temática: Xuventude, Internet e violencia sexual: quen gaña?”

 A charla está aberta ao público en xeral, con entrada de balde ata completar a cabida.

 Con esta conferencia e debate, o Concello de A Guarda pretende tratar de xeito honesto e aberto a educación sexual en internet, sabendo identificar a violencia sexual e reflexionar sobre a mercantilización do corpo das mulleres e nenas, así como as consecuencias físicas e mentais desta.  

 Para iso, contamos con Amelia Tiganus, quen xa recibiu premios e recoñecementos pola súa loita por un futuro libre da explotación sexual e reprodutiva. Amelia, tras ser víctima de trata e explotación sexual en prostíbulos españois por cinco anos, comprometeuse con dar a coñecer esta realidade e loitar contra ela, sendo tamén presidente da Federación Estatal de Mulleres Abolicionistas (FEMAB).

Programación 

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller



Ningún comentario:

Publicar un comentario