21 de out. de 2024

A GUARDA

O BNG REITÉRALLE A CARRERO QUE ACLARE A ONDE FORON PARAR OS CARTOS DO TREN TURÍSTICO   

Anxo Lois Baz: Carrero e o PP deberan deixar  de enredar e dar conta dunha vez dos cobros irregulares”  


Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG

Infogauda / A Guarda

 O BNG insístelle a Roberto José Álvarez Carrero “que ten a obriga de dar conta a onde foron parar os cobros irregulares do tren turístico este verán”. Os nacionalistas reafirman que “o proceso de contratación do tren turístico carece dos informes que marca a lei para levar adiante a contratación ademais de ocultaren  a que petos foron parar os cartos recadados ao longo do verán”.  

 Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG manifesta: “Estamos diante dunha maneira de actuar tramposa, que non respecta os procedementos legais e que oculta intencionadamente a onde foron parar os cartos recadados polo que unha vez máis lle esiximos a Carrero e o PP que deixen de enredar e dean conta dunha vez dos cobros irregulares. A honestidade do alcalde demóstrase presentando as contas e informes preceptivos por lei que o BNG ven reclamando”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario