O BNG REITÉRALLE A CARRERO QUE ACLARE A ONDE FORON PARAR OS CARTOS DO TREN TURÍSTICO
Anxo Lois Baz: “Carrero e o PP deberan deixar de enredar e dar conta dunha vez dos cobros irregulares”
Infogauda / A Guarda
O BNG insístelle a Roberto José Álvarez Carrero “que ten a obriga de dar conta a onde foron parar os cobros irregulares do tren turístico este verán”. Os nacionalistas reafirman que “o proceso de contratación do tren turístico carece dos informes que marca a lei para levar adiante a contratación ademais de ocultaren a que petos foron parar os cartos recadados ao longo do verán”.
Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG manifesta: “Estamos diante dunha maneira de actuar tramposa, que non respecta os procedementos legais e que oculta intencionadamente a onde foron parar os cartos recadados polo que unha vez máis lle esiximos a Carrero e o PP que deixen de enredar e dean conta dunha vez dos cobros irregulares. A honestidade do alcalde demóstrase presentando as contas e informes preceptivos por lei que o BNG ven reclamando”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario