24 de out. de 2024

A GÁNDARA (A GUARDA)

O Concello da Guarda reformou a Escola de Educación Infantil da Gándara 

 Para a mellor eficiencia enerxética 

 

O alcalde de A Guarda, acompañado do 1º tenente de alcalde e do concelleiro de Infraestructuras, visitaron a  Escola de Educación Infantil de A Gándara

Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda  

 O Concello da Guarda investiu máis de 39.000€  na reforma da Escola de Educación Infantil (EEI) da Gándara. Deste xeito, a devandita escola conta xa cunhas instalacións que incrementaron o seu illamento térmico e a súa eficiencia enerxética, para que o pequeno alumnado desfrute das mellores condicións para a súa aprendizaxe.  

 Dese xeito, a escola, de máis de trinta anos de antigüidade, conta con novas ventás e porta, ademais dun revestimento de SATE (acrónimo de Sistema de Aillamento Término Exterior) por toda a fachada exterior. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario