XXVI PALETADA LACONADA
• Sábado 18 de xaneiro de 2025, ás 13.30 horas, no restaurante do Hotel El Molino
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
Para celebrar a festividade de san Amaro, á tradición en Camposancos lémbranos da costume - que provén de tempos moi antigos - de que cada familia camposina, fixese un cocido coa paleta do porco, para xantar nesa data. Paleta de porco, habitualmente criado en cada casa, e que se reservaba para ese día grande, póndoa oportunamente de remollo na pía da fonte da Poza.
Desde fai uns cantos anos a celebración ten un carácter comunitario e popular, feito posible grazas - en primeiro lugar - á iniciativa da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos. E tamén, grazas a formidable disposición de toda á veciñanza desa parroquia, amizades e familiares, que coa súa asistencia e participación, dánlle a Paletada - Laconada, unha gran brillantez, creando un ambiente de amizade e de celebración. De tal xeito, que son moitas as persoas que repiten, ano tras ano, esa grata experiencia.
Neste 2025, á organización recae na Asociación Cultural Rego de Bicosan, de Camposancos.
E a data fixada para a Paletada - Laconada, é o sábado día 18 de xaneiro de 2025, ás 13.30 horas, no restaurante do Hotel El Molino, de Camposancos.
Os tickets pódense adquirir os días 10 e 11, de 18:00 á 21:00 horas, e o día 12, de 11:00 a 13:00 horas.
Os prezos son os seguintes: comuneiros, 10 euros, a partir dos 10 anos.
Nenos/as comuneiros ata 10 anos, gratis.
Persoas non comuneiras: 30 euros.
Nenos/as non comuneiros, ata 5 anos, gratis.
A XXVI Paletada - Laconada - que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, mediante o Plan Culturea - será amenizada polo Trío Armonía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario