O Concello da Guarda reformou a Escola de Educación Infantil da Gándara
• Para a mellor eficiencia enerxética
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda investiu máis de 39.000€ na reforma da Escola de Educación Infantil (EEI) da Gándara. Deste xeito, a devandita escola conta xa cunhas instalacións que incrementaron o seu illamento térmico e a súa eficiencia enerxética, para que o pequeno alumnado desfrute das mellores condicións para a súa aprendizaxe.
Dese xeito, a escola, de máis de trinta anos de antigüidade, conta con novas ventás e porta, ademais dun revestimento de SATE (acrónimo de Sistema de Aillamento Término Exterior) por toda a fachada exterior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario