Éxito de participación nas actividades do Setembro Xudeu
• Preto de 250 persoas acudiron ás visitas temáticas da pasada fin de semana
Infogauda / Tui
“Estamos moi satisfeitos pola magnifica acollida das visitas temáticas da pasada fin se semana arredor do patrimonio xudeu de Tui” sinala a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez logo da excepcional acollidas as actividades celebradas o pasado sábado e domingo cunha participación de arredor de 250 persoas.
Destaca especialmente a visita temática celebrada o sábado 7 pola noite cun percorrido guiado polo patrimonio tudense relacionado coas comunidades xudías e criptoxudías que congregou a cerca de 200 asistentes que ao remate da visita participaron nunha degustación de viño kosher.
O domingo pola mañá desenvolveuse unha nova visita temática que ao longo do seu percorrido contou con dous momentos musicais, nos que tivo lugar a interpretación de pezas sefardís a cargo de dos músicos novos da nosa contorna, António Sérgio Teles e Chus López, que deleitaron aos asistentes coas pezas interpretadas na portada norte da catedral e diante do convento das clarisas ou “Encerradas”. Tamén houbo unha alta asistencia superando o medio centenar de participantes.
O vindeiro domingo, 15 de setembro, haberá unha nova cita destas visitas temática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario