26 de set. de 2024

TOMIÑO

Tomiño puntada a puntada  

 A OMIX organiza un curso de práctico de costura para perfeccionar ou comezar a usar a máquina de coser. Aberta a inscrición na web  


Fonte: C.T.

Infogauda / Tomiño  

 A costura volve estar de moda en Tomiño. A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) rematará o ano cun novo curso que combina a creatividade e o manexo da máquina de coser co que as persoas interesadas poderán aprender dende cero ou perfeccionar as súas técnicas de patronaxe para novos proxectos téxtiles dun xeito divertido e ameno.  

 O curso, que arrancará o sábado 28 de setembro, será completamente práctico e está pensado para que cada persoa participantes poida levar un proxecto rematado ao final de cada sesión. Dividido en dous niveis, haberá un grupo de iniciación para que nunca empregara unha máquina de coser e outro de perfeccionamento para que xa teña experiencia e queira afondar en técnicas máis avanzadas. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca que “con esta formación buscamos fomentar as habilidades manuais e ofrecer novas oportunidades de aprendizaxe creativa á nosa veciñanza”.

 O curso desenvolverase os sábados ata o vindeiro 9 de novembro na praza Cultura de Goián, en horario de 11.00 a 14.30 horas,  para o nivel de iniciación; e de 15.30 a 19.00 horas, para o de costura e patronaxe. As prazas estarán limitadas a 15 persoas na quenda de iniciación e a 20 na de perfeccionamento. 

 O prezo do taller será de 20 euros por persoas e non estará incluído o material, senón que cada persoa deberá levar a súa propia máquina de coser, teas e costureiro básico. As persoas interesadas xa poden inscribirse a través do formulario habilitado na páxina web municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario