FÚTBOL
1ª Autonómica Grupo 6
O SPORTING GUARDÉS ANFITRIÓN DO PROGRESISTA F. C.
• O domingo 15 de setembro, ás 17:30 horas, no Campo de A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Todo está a punto para a 2ª xornada da 1ª Autonómica Grupo 6, que no que respecta ao Sporting Guardés, celebrarase o domingo día 15 de setembro, ás 17:30 horas, no Campo de A Sangriña, onde o conxunto local recibirá ao Progresista F. C..
O equipo de A Guarda, que na 1ª xornada desprazouse ata O Carballiño, para xogar fronte ao C.D. Arenteiro B, logrou un meritorio empate (3-3), e dese xeito, anotouse o primeiro punto da tempada 2024-2025.
Pola súa banda, o Progresista F.C., xogou no Campo do Oural, logrando unha victoria (2-1) sobre o Erizana, e polo tanto, os 3 puntos en xogo.
En base aos resultados acadados nesa xornada, polo Sporting Guardés e polo Progresista F.C., o equipo de A Guarda atópase no posto 7º da táboa clasificatoria, e o equipo de Salvaterra de Miño, no posto 3º; dito o cal todo fai prever que o encontro deste domingo no Campo de A Sangriña, vai ter moito aliciente, tanto para os seareiros do Condado como para os de A Guarda e súa contorna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario