9 de set. de 2024

A GUARDA

A Guarda vai celebrar a V Mostra Asociativa para dar visibilidade o seu labor   

 O próximo sábado 14 de setembro, pola tarde, na praza Avelino Vicente



Infogauda / A Guarda  

 Co obxectivo de ter unha xornada en que a cidadanía coñeza o labor das asociacións existentes na nosa localidade, o vindeiro sábado día 14 de setembro, na praza Avelino Vicente González, A Guarda vai celebrar a V Mostra Asociativa. 

 Por iso, cada unha das asociacións terá un posto. Algunhas entidades tamén realizarán obradoiros, xogos e actividades deportivas para incentivar a participacións dos asistentes nas diferentes propostas que ofrecen nas asociacións. Ademais haberá exposicións dos diferentes traballos da rede asociativa,  

 Os postos abrirán ás 15:30 horas e unha hora máis tarde dará comezo o reto asociativo, un xogo de escape que promete ser unha das actividades estrela da tarde e cuxos participantes terán un agasallo final se realizan o reto completo.  

 Tamén haberá música a cargo de Vento Mareiro, e arredor das 20:30 horas, Bieito Solo ofrecerá un  concerto que porá broche a V Mostra Asociativa.  

 En total, máis de 15 asociacións participarán nesta edición da Mostra Asociativa, con gran variedade das mesmas (entidades solidarias, deportivas, festivas, ecoloxistas,...).

Ningún comentario:

Publicar un comentario