ACTOS DE CCOO POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTORICA
• O vindeiro 19 de setembro, ás 19:00 horas, na fosa común de Sestás, a Unión Comarcal de CCOO de Vigo realizará unha ofrenda floral
• A seguir, no salón de plenos do Concello terá lugar unha charla-coloquio
Infogauda / A Guarda
O vindeiro 19 de setembro, ás 19:00 horas, na fosa común de Sestás, a Unión Comarcal de CCOO de Vigo realizará unha ofrenda floral.
Ás 20:00 horas, no salón de plenos do Concello de A Guarda, terá lugar a conferencia Dous poetas galegos asasinados en agosto do 36 polos sublevados franquistas: vida e morte destes dous escritores.
O relator da charla será o profesor Xesús Alonso Montero, que falará sobre dous poetas - Manuel Gómez del Valle e Federico García Lorca - asasinados polos sublevados franquistas.
Participarán no acto: José Manuel Domínguez Freitas, presidente da Asociación para a recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos e a fosa común de Sestás; e Amelia Pérez Álvarez, secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.
Ao remate actuará o coro Cantos de Liberdade.
“Temos que seguir poñendo en valor a importancia do coñecemento histórico e render tributo ás vítimas da Guerra Civil e da Dictadura, porque un pobo sen memoria histórica non pode ser a base dunha sociedade democrática; e un mellor coñecemento da orixe da nosa realidade é imprescindible para un avance constructivo das próximas xeracións”, afirmou Montserrat Carrera Leirós, secretaria xeral da Unión Comarcal de CCOO de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario