Unha sesión de ioga solidaria recada máis de 300€
• Para o programa ‘Vacacións en paz’
Infogauda / A Guarda
A Guarda celebrou este domingo pola mañá unha xornada de ioga solidario a favor da ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) para o programa de acollida de nenos e nenas de “Vacacións en paz”.
Persoas de diferentes idades, e familias, participaron xuntas nesta sesión de ioga do Centro Awen que logrou acadar a suma de 306€ en doazóns para a esta causa solidaria.
Ademais, contaron co acompañamento musical de José (Stewart) García e Guille, e incluso cun sorteo entre os participantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario