27 de set. de 2024

A GUARDA

O obradoiro ‘Tecendo A Guarda’ comezará un novo curso    

 Dirixido a persoas maiores de 65 anos do concello de A Guarda




Infogauda / A Guarda  

 O vindeiro venres 4 de outubro dará comezo unha nova edición do curso “Tecendo A Guarda”. Este proxecto está pensado para que as persoas maiores dediquen un tempo semanal activo a xuntarse entre elas compartindo experiencias, tecendo redes e creando distintas pezas creativas.  

 Estas pezas decorarán lugares públicos do seu concello, aumentado así o seu sentido de pertenza á comunidade na que viven. Na praza de Avelino Vicente e nas rúas Concepción Arenal e Joaquín Alonso aínda locen os traballos feitos anteriormente: redes, peixes con diferentes materiais, gancho, etc., contribuíndo dese xeito, a embelecer a imaxe do pobo.  

O mar será a temática do obradoiro

 Nesta edición, coma na anterior, a temática volve a ser o mar. O curso terá lugar os venres de outubro a maio, de 16:00 a 17:30 no Club de Maiores, Xubilados e Pensionistas da Guarda e está dirixido a persoas maiores de 65 anos do concello de A Guarda.   

 Para máis información e inscricións, as persoas interesadas teñen que poñerse en contacto co Concello da Guarda no teléfono 986 61 00 00 (extensión 7) ou no correo electrónico informacion@aguarda.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario