2 de set. de 2024

A GUARDA

Érguete Baixo Miño ofrece diversos Programas de Prevención Escolar e Familiar nos  Centros Educativos para este curso escolar 2024/25  



 
   

Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

 Érguete Baixo Miño inicia un ano máis, o traballo nos centros educativos neste curso escolar presentando dúas breves guías cos Programas Escolares e Familiares para a Prevención de Condutas Aditivas e Educación para a Saúde que se ofrecen de maneira gratuíta nos centros educativos de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia.  

 Os nosos programas están deseñados tanto para os/as escolares como para as familias, e abordan de xeito lúdico e dinámico unha realidade cada vez máis presente nos tempos actuais e que afecta a idades cada vez máis temperás. Exploramos temas relacionados coas condutas aditivas (con ou sen substancias), a xestión emocional, a resolución de conflitos, a presión do grupo, a redución de riscos, a autoestima e o lecer saudable, entre outros. Ademais, adaptamos estes temas ao contexto e ás necesidades específicas de cada aula. Tamén sobre pautas de actuación eficaces para pais/nais/titores/as, traballando de forma específica no fortalecemento dunha vida saudable.  

 Como novidade para este curso, destacamos o programa Ludo Libre sobre a prevención do xogo de azar tanto online coma offline dirixido ao alumnado de 4º ESO e FPB.  

 Cabe mencionar que estes programas son gratuítos e que están financiados pola Consellería de Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública e Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria - e tamén polas cotas dos socios e socias da Asociación.  

 Poden visualizar as presentación destes programas nas nosas redes sociais:  Instagram (@erguetebm), Facebook (@erguetebaixomino), X (@ErgueteBM)  

 Para recibir máis información e/ou solicitar a implantación dalgunha destas actividades nalgún centro educativo, contacte con nós. 

Asociación Érguete Baixo Miño  

Rúa /Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) 

A Guarda - Pontevedra  

Teléfonos: 986 614 407 / 640 086 376 

Correo electrónico:  info@erguete.org   

Ningún comentario:

Publicar un comentario