16 de out. de 2025

A GUARDA

A Guarda presenta o orzamento máis alto da súa historia con 8.442.310,26 €    

As novas contas municipais recollen un incremento en axudas culturais e deportivas e facilitan a tramitación de subvencións da Xunta e outras administracións


Casa do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda  

 O Concello de A Garda vai presentar - este venres, 17 de outubro - ao pleno municipal, un novo orzamento, aumentando nun 9,85% o orzamento anterior, pasando de 7.685.000 € a 8.442.310,26 €. 

 O alcalde, Roberto José Álvarez Carrero subliña "a importancia destas contas, xa que permitirán viabilizar subvencións doutras administracións que requiren achega municipal e xa están contempladas no orzamento".

 O concelleiro de Economía, Óscar Alonso Álvarez, afirmou que "os novos orzamentos atenden a necesidades de todos vos sectores económicos, sociais, educativos, deportivos e culturais".

 Así mesmo, "coa aprobación do documento, as entidades culturais e deportivas incrementan ou seu número e dotacións, garantíndose a prestación tanto destas como doutros servizos públicos necesarios para ou municipio".

 De fronte ao futuro, o rexedor guardés adiantou que o goberno municipal xa traballa no borrador dos orzamentos próximos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario