O Goián Club de Fútbol ten a honra de convidarlles a un acto moi especial para a historia da nosa entidade
• Este martes, 21 de outubro, ás 19:30 horas, no campo de fútbol Lito Oliveira (Goián)
Fernán Muñoz de Santiago / Goián
Este martes, 21 de outubro, ás 19:30 horas, no campo de fútbol Lito Oliveira (Goián), contaremos coa presenza de Pepito Fornos, apoderado e representante do futbolista Pelé, quen fará entrega ao Goián C.F. dunha camiseta da Selección do Brasil dedicada ao noso club e asinada polo propio Rei Pelé.
Pepito Fornos, goianés por parte de nai, mantén un fondo vínculo coa nosa terra, e este xesto simboliza tamén esa unión entre Goián e o mundo a través do fútbol.
Están convidados todos os socios e socias, así como as anteriores directivas e presidentes do Goián C.F., ademais do fútbol base e as súas familias.
Agradecemos de antemán a presenza das autoridades locais, representantes do deporte e medios de comunicación, nun acto que sen dúbida marcará un fito histórico e inigualable para o noso club.
Ningún comentario:
Publicar un comentario