2 de set. de 2024

A GUARDA

A Xunta de Galicia executa as obras dun compromiso acadado polo anterior goberno socialista para o Castelo de Santa Cruz  

O equipo de goberno socialista conseguira na anterior lexislatura a colaboración da Axencia de Turismo (Xunta de Galicia) para mellorar os camiños de acceso ao Castelo de Santa Cruz, e alumear artisticamente e de forma ecoeficiente a muralla. 

Fai uns días que xa podemos ver rematada a intervención que afectaba aos accesos ao Castelo, quedando aínda pendente de instalar a iluminación ornamental da muralla. 


Acceso á fortaleza de Santa Cruz pola Porta da Vila
Acceso á fortaleza de Santa Cruz pola Porta de Socorro


Grupo Municipal do PSdeG-PSOE / A Guarda 

 Os/as Socialistas somos conscientes de que o Patrimonio da Guarda é un dos bens máis prezados desta vila, e durante as últimas lexislaturas leváronse a cabo moitas xestións para tratar de protexelo e poñelo en valor.   

 Exemplo disto sería a firma deste convenio coa Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, pero tamén diversas actuacións clave como a restauración e consolidación do xacemento do Barrio Mergelina, a reconstrución da porta norte do Castro, o proxecto Mar de Sal a través do que se recuperaron as Salinas do Seixal, ou a promoción de actividades de divulgación como as Barferencias ou as visitas guiadas.   

 Con todo, non podemos ocultar a nosa profunda tristeza ao ver como nos últimos tempos as nosas principais xoias patrimoniais, como o Castelo de Santa Cruz, as Salinas ou o Castro de Santa Trega, se atopan practicamente nun estado de abandono. Esta situación reflicte, unha vez máis, o total desleixo do actual equipo de goberno cara ao noso pobo.  

 A situación é tan preocupante que incluso o xornal Atlántico denunciou recentemente a falta de atención e coidado co que se está a tratar o noso patrimonio.  

 En relación ás obras no Castelo de Santa Cruz, celebramos que a Xunta de Galicia retomara e completara as melloras que quedaran pendentes. Non obstante, é imprescindible que o actual equipo de goberno comece a asumir a súa responsabilidade na protección e conservación do noso patrimonio, algo que, lamentablemente, non fixeron durante o tempo que levan gobernando. 

A Guarda, a 2 de setembro de 2024

Ningún comentario:

Publicar un comentario