A Fundación Comes Montiel presentarase na Guarda
• O próximo mércores, 18 de setembro, ás 19:00 horas, no salón de plenos do Concello
Infogauda / A Guarda
O próximo mércores 18 de setembro presentarase na Guarda a Fundación Comes Montiel. A ese acto, que comezará ás 19:00 horas no salón de plenos do Concello de A Guarda, poderán asistir todas as persoas interesadas en saber máis respecto a devandita fundación.
Esta fundación naceu en 2024 co obxectivo de facilitar a contratación flexible de nais profesionais para contribuír á conciliación familiar. Deste xeito, pon en contacto empresas con traballadoras candidatas que ofrecen servizos de carácter dixital, o que lles permite teletraballar e establecer os horarios que mellor lle deixan conciliar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario