7 de ago. de 2024

TUI

“Salta!” chegará ao Paseo Fluvial   

A proxección comezará este venres, ás 22.15 h dentro da programación “Tui, verán na rúa” 




Infogauda / Tui

 A programación “Tui, verán na rúa”, que organiza o Concello de Tui, ofrecerá unha nova cita co cinema ao aire libre. Será este venres, ás 22.15 h, no Paseo Fluvial, onde proxectarase “Salta!” dirixida por Olga Osorio, con entrada libre. 

 O filme está protagonizado por Tamar Novás, Marta Nieto e Mário Santos, formando parte tamén do reparto Rubén Fulgencio, Mabel Rivera, Manuel Manquiña, Machi Salgado, Irene Jiménez e Saúl Esqueva. 

 Por esta película Tamar Novás recibiu o premio Mestre Mateo á Mellor interpretación masculina protagonista.  

 “Salta!” é unha comedia familiar entrañable e divertida na que se mestura ciencia ficción e romanticismo. A historia transcorre nun modesto piso de barrio onde dous irmáns, Óscar de 13 anos e Teo de 10 anos, afrontan, cada un ao seu xeito, a desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de verme. A película foi o debut na longametraxe de Olga Osorio, que tomou coma punto de partida do filme a súa multipremiada curtametraxe “Einstein-Rosen”.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario