28 de ago. de 2024

OIA

A Xunta de Galicia promove o coñecemento do patrimonio arqueolóxico e cultural do Camiño portugués nun campo de voluntariado en Oia


A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou hoxe o campo de voluntariado O Camiño portugués pola costa
Fotos: X.G.



Infogauda / Oia

 A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou hoxe o campo de voluntariado O Camiño portugués pola costa, que se está a celebrar no municipio pontevedrés de Oia, e co que o Goberno galego está a promover, entre a mocidade de 18 a 30 anos, o patrimonio etnográfico, arqueolóxico e cultural arredor desta vía xacobea.  

 A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou que a franxa litoral deste municipio pontevedrés se ten convertido nun camiño natural desde a prehistoria, “ateigada de vestixios expresados en forma de arte rupestre, castros, asentamentos romanos, igrexas, mosteiros ou fachos”. Por este motivo, puxo en valor a importancia das actividades que se están a desenvolver neste campo de voluntariado ao redor do patrimonio do Camiño portugués pola costa, “vía que se está consolidando como unha das rutas xacobeas que máis medra”, enxalzou

Ningún comentario:

Publicar un comentario