O próximo mércores, 7 de agosto, San Mamede, festivo local en Oia
Infogauda / Oia
O próximo mércores 7 de agosto, San Mamede, será festivo en Oia. Para este ano 2024 a Corporación Municipal acordou elixir como festivos locais este día e máis o pasado 20 de maio, día da Virxe do Mar.
Tradicionalmente véñense elixindo estas dúas festividades como días non laborables en Oia. No caso da Virxe do Mar (coñecida popularmente como “A Delamar”) non ten día fixo, senón que se celebra o luns seguinte á festa de Pentecostés (que, á súa vez, celébrase 50 días despois da Pascua). Así, neste 2024 coincidiu o luns 20 de maio.
Pola súa banda, a data do 7 de agosto escóllese tendo en conta que San Mamede é o patrón de dúas das seis parroquias do municipio: a de Pedornes e máis a de Loureza.
En canto aos festivos locais para o próximo ano 2025, o pleno da Corporación Municipal de Oia acordou os días luns 9 de xuño e xoves 7 de agosto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario