O Concello do Rosal mellora os seus servizos coa adquisición de nova maquinaria destinada ao desbroce de camiños
Este equipamento supón unha mellora importante para o mantemento da localidade
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal segue facendo esforzos para mellorar nos servizos e nas infraestruturas, con novas dotacións e nova maquinaria.
Nesta ocasión, o equipamento obtido está formado por un tractor desbrozador e catro desbrozadoras manuais, que teñen como obxectivo mellorar as actividades de vías e obras do concello, aumentando así a eficiencia e dando unha resposta mellor a cuestións como o mantemento das diferentes áreas colectivas, afectando favorablemente a toda a veciñanza.
O orzamento destinado á obtención desta maquinaria foi de 18.125’80€, e respondeu ao esforzo realizado polo Concello xunto coa Deputación de Pontevedra, dentro do plan + Provincia 2024.
Este acto responde á importancia que ten actuar de xeito colectivo cara a convivencia nos espazos comúns como poden ser as zonas de baño, as estradas, os parques ou as áreas de lecer. Afectando moi positivamente a toda a veciñanza e amosando a intención do Concello en seguir mellorando nesta dirección.
Ningún comentario:
Publicar un comentario