Finaliza o concurso “Non o deixes ao azar”
Olaya Rodríguez, Jorge Álvarez e Henar Baz foi o grupo gañador do concurso coa súa campaña “Dale la espalda al juego, no a tus amigos”
Foto: Érguete Baixo Miño
Infogauda / A Guarda
A asociación Érguete Baixo Miño informa que este mércores, día 28 de agosto tivo lugar a última sesión do proxecto “Non o deixes ao azar”, financiado pola Deputación de Pontevedra a través do “Plan + Xuventude”, onde se valoraron todas as campañas de prevención realizadas e se nomearon aos gañadores do concurso.
Olaya Rodríguez, Jorge Álvarez e Henar Baz foi o grupo gañador do concurso coa súa campaña “Dale la espalda al juego, no a tus amigos”, polo que foron agasallados cun cheque regalo de 250€ para gastar nos comercios locais dos concellos de A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño.
A curta poderá visualizarse nas distintas redes sociais da asociación Érguete Baixo Miño: Instagram (@erguetebm), X (@ErgueteBM), Facebook e YouTube.
“Novamente, queremos agradecer a participación de todas/os os que acudístedes e participástedes neste proxecto”, indican desde Érguete Baixo Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario