28 de ago. de 2024

A GUARDA

Esta fin de semana chega a IV Feira do Libro Luso Galaico da Ribeira Miño 

No que respecta a A Guarda, os libros estarán á venda e exposición na Casa dos Alonso o venres e sábado de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:00 horas



 

Infogauda / A Guarda  

 Os concellos de A Guarda, Caminha e O Rosal, que conforman a Eurocidade Foz do Miño, xúntanse para celebrar a IV Feira do Libro Luso Galaico da Ribeira Miño.   

 O certame será durante esta fin de semana nos tres municipios. No caso de A Guarda, os libros estarán á venda e exposición na Casa dos Alonso o venres e sábado de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:00 horas.  

 Esta feira quere divulgar os libros e autores da “raia”, mais sobre todo, daqueles autores naturais destes concellos. Ademais, haberá outras actividades na veciña Caminha, como contacontos, obradoiro, presentación dun libro e unha conferencia co autor galego Ramón Villares.  

 Tras a apertura oficial o venres na praza Conselheiro Silva Torres (Caminha), ás 18:30 horas haberá poemas cantados de Isabel Marouço. Ao día seguinte, será o contacontos ás 16:00 horas cunha historia de Alexis Tolstoi; e ás 18:00 horas preséntase o libro “O barco de Vilar de Mouros e outras embarcações do Rio Coura”, Paulo Torres Bento, Joaquim Aldeia Gonçalves, Basílio Barrocas e Plácido Ranha Silva Souto.  

 Finalmente, o domingo ás 18:00 horas, en Caminha, terá lugar á conferencia Composição Ibérica Portugal e as Espanhas, con Ramón Villares, enmarcado no ciclo “Un libro, unha conversa e ás veces un filme”. 

Nova relacionada

Ningún comentario:

Publicar un comentario