23 de xul. de 2024

TUI

Tui celebrará o sábado 17 de agosto a XII Festa Gastronómica, na rúa Compostela  

As asociacións culturais tudenses interesadas en participar deben presentar a súa solicitude do 29 ao 31 de xullo por sede electrónica  




Infogauda / Tui

 A gastronomía local e tradicional será a gran protagonista o sábado, 17 de agosto, na rúa Compostela, coa celebración  da Festa Gastronómica dentro da XII Festa do Miño, organizada polo Concello de Tui.   

 Ante esta celebración o Concello de Tui convoca trece postos para a venda directa dos pratos elaborados artesanalmente con produtos locais e autóctonos. As asociacións culturais tudenses interesadas deberán presentar a súa solicitude na sede electrónica do concello de Tui o luns 29, martes 30 e mércores 31, no modelo normalizado que se pode descargar en tui.gal, xunto coa documentación requirida. Un dos requisitos para participar é que estar inscritas no rexistro municipal de asociacións. Os postos adxudicaranse por orde de presentación da solicitude.    

 A XII Festa Gastronómica celebrase na rúa Compostela o sábado, 17 de agosto, de 20 h a 00.30 h. Amais dos postos gastronómicos contarase coas actuacións de Circo Krasnovarak, Fanfarria Taquikardia  e Festicultores.

Bases e modelo de inscrición Festa Gastronómica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario