16 de xul. de 2024

OIA

O Concello de Oia renovou paneis interpretativos en varias igrexas do municipio   

A actuación supuxo un investimento total de 3.206,50 euros


Panel na igrexa parroquial de Viladesuso
Foto: C.O.

Infogauda / Oia

 O Concello de Oia vén de levar a cabo a renovación dos paneis interpretativos nos que figuran os principais valores históricos, artísticos e patrimoniais das igrexas parroquiais de Mougás, Loureza, Burgueira, Viladesuso e Pedornes.  

 Esta iniciativa enmárcase nas distintas actuacións que o Concello vén desenvolvendo en canto a dotación e renovación de equipamentos para a revalorización do patrimonio do municipio. Así, nos últimos anos téñense colocado soportes con información na igrexa parroquial de Santa María de Oia e diversos puntos de interese do barrio do Arrabal, entre outros.  

 A última actuación en materia de sinalización do patrimonio local consistiu na colocación de novos paneis informativos en 5 igrexas, as parroquiais de Mougás, Loureza, Burgueira, Viladesuso e Pedornes. Así, cada panel inclúe novos textos, relativos á historia e características de cada templo, así como varias imaxes dos elementos máis destacados do interior, tanto no que respecta a arquitectura como a retablos e imaxinería relixiosa.  

 A actuación supuxo un investimento total de 3.206,50 euros, financiados a través das subvencións para a rehabilitación e sinalización de patrimonio histórico-cultural para o ano 2023.

Ningún comentario:

Publicar un comentario